Estudo Lonxitudinal para unha Infancia Saudable (ELISA)

Dámosvos a benvida á segunda etapa do Proxecto ELISA, coa que continuamos traballando polo desenvolvemento saudable na nenez.

Agradecémosvos á vosa implicación e confianza durante o  primeiro tramo do ELISA!

Continuamos a nosa viaxe! e nesta nova etapa acompañaremos ás nosas  crianzas durante a educación primaria.

Por favor, comprobade como o faremos nesta breve presentación de vídeo:

Formamos a comunidade ELISA! MOITAS GRAZAS pola vosa valiosa colaboración!

O inicio do proxecto ELISA

O Proxecto ELISA baséase na realización dun estudo lonxitudinal a gran escala, con aproximadamente 2800 nenos e nenas de poboación xeral escolarizados en centros educativos de diversas zonas urbanas, rurais e semi-rurais de Galicia. Este proxecto comezou no ano 2017 cunha mostra de nenos e nenas en etapa infantil (3-5 anos), os cales foron avaliados, tanto polo profesorado como polas familias, en sucesivos seguimentos anuais ata a actualidade. Este proxecto pretende situar a nosa comunidade autónoma á cabeza da investigación lonxitudinal no ámbito internacional, seguindo a outros traballos como o Estudo SOFIA levado a cabo dende a Universidade de Örebro (Suecia), o cal constitúe un dos referentes do presente proxecto.

Obxectivo xeral

Analizar o desenvolvemento infantil, prestando especial atención aos diversos perfís e traxectorias que se poden identificar no mesmo, así como nos factores implicados no desenvolvemento do axuste condutual e psicosocial observados tanto no ámbito académico coma no familiar.

Proxecto PID2019-107897RB-I00 financiado por:

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: