O equipo de investigación Desenvolvemento psicolóxico e educación está especializado nas áreas temáticas de desenvolvemento cognitivo, socioafectivo e de aprendizaxe escolar. A súa experiencia investigadora pode constatarse a través da súa produción científica, ao dispor de numerosos artigos publicados en revistas indexadas en JCR e SJR, varios libros e capítulos de libros e diversas contribucións a congresos nacionais e internacionais do seu ámbito de coñecemento.
Principais liñas de investigación
- Estilos cognitivos, procesamento da información e rendemento escolar.
- Apoio social percibido e axuste académico.
- Apoio social e aprendizaxe autorregulada.
- Autorregulación e éxito académico.