Curso de prevención centrado na promoción de habilidades socio emocionais na infancia

O grupo de investigación Underisk, no marco das Actividades de Formación Docente para Profesorado Non Universitario que organiza a USC, realizará o curso “Aprendizaxe socio emocional como estratexia preventiva na educación infantil e primaria”.
O curso vai dirixido a profesorado que imparte docencia nos primeiros cursos de Educación Primaria e terá unha duración de 20 horas (14 presenciais e 6 non presenciais) A docencia presencial se levará a cabo na Facultade de Psicoloxía (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela co seguinte horario:
- 12 de novembro de 2021 de 18:00 a 21:00 horas
- 19 de novembro de 2021 de 18:00 a 21:00 horas
- 26 de novembro de 2021 de 18:00 a 21:00 horas
- 27 de novembro de 2021 de 10:00 a 14:00 horas
O obxectivo do curso é sensibilizar ao profesorado sobre a relevancia da aprendizaxe socio emocional nas primeiras etapas da escola e presentar e capacitar aos participantes para a aplicación do compoñente escolar do programa EmPeCemos. O programa vai dirixido a potenciar o desenvolvemento das capacidades dos nenos e nenas para identificar as propias emocións; a autorregulación das mesmas; fomentar a empatía e desenvolver habilidades para a resolución de problemas sociais de forma non agresiva.
Esta actividade se enmarca dentro dun proxecto de investigación financiado polo Ministerio de Sanidade a través da Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas polo que vai dirixido preferentemente ao profesorado dos centros que colaboran na investigación, pero se quedan prazas vacantes se admitirán a profesorado doutros centros. En calquera caso a matrícula será gratuíta.
O curso foi provisionalmente recoñecido como actividade de formación permanente do profesorado non universitario dentro do acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela. O recoñecemento definitivo está suxeito ao cumprimento dos requisitos establecidos na Orde do 14 de maio de 2013 (DOG 96).
A solicitude da inscrición estará aberta ata o 5 de novembro e se realizará mediante un correo electrónico enviado a xa.gomez.fraguela@usc.gal. No asunto do correo debe indicarse “inscrición curso prevención” e no corpo da mensaxe debe incluírse o nome e apelidos, D.N.I., centro educativo no que traballa e os medios de contacto.
Financiado por: