Novas

Curso de Prevención universal do consumo de drogas e condutas antisociais en adolescentes

O grupo de investigación Underisk, no marco das Actividades de Formación Docente para Profesorado Non Universitario que organiza a USC, realizará o curso “Prevención universal do consumo de drogas e as condutas antisociais en adolescentes”.

O curso vai dirixido a profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e terá unha duración de 20 horas (14 presenciais e 6 non presenciais) A docencia presencial se levará a cabo na Facultade de Psicoloxía (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela co seguinte horario:

  • 6 marzo de 2020 de 18:00 a 21:00 horas
  • 13 marzo de 2020 de 18:00 a 21:00 horas
  • 14 marzo de 2020 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

O obxectivo do curso é formar aos docentes sobre a prevención do consumo de drogas e condutas antisociais para que fomentar nos e nas adolescentes habilidades socioemocionais e estratexias de resistencia que lles axuden a enfrontarse á presión grupal e reducir a súa probabilidade de iniciarse no consumo de drogas. No curso se presentará a evidencia científica actual sobre o que funciona no contexto escolar para previr o consumo de drogas e as condutas antisociais e se traballará co programa Mantente REAL como unha alternativa para fomentar las habilidades de resistencia ás presións sociais nos e nas estudantes.

O curso foi provisionalmente recoñecido como actividade de formación permanente do profesorado non universitario dentro do acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela. O recoñecemento definitivo está suxeito ao cumprimento dos requisitos establecidos na Orde do 14 de maio de 2013 (DOG 96).

O prezo da matrícula é de 20 € (mais 19 € do Seguro Obrigatorio de Accidentes e Asistencia en viaxe). A solicitude da inscrición estará aberta ata o 21 de febreiro e se realizará mediante un correo electrónico enviado a xa.gomez.fraguela@usc.gal. No asunto do correo debese indicar “inscrición curso prevención” e no corpo da mensaxe o nome e apelidos, D.N.I., titulación e Centro educativo no que traballa (opcional porque tamén se poden inscribir persoas que non estean actualmente traballando). Una vez finalizada a inscrición se comunicará ás persoas seleccionadas o procedemento para formalizar la matrícula.



Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: