Curso de formación “Valoración del Riesgo en Adolescentes Infractores (VRAI)” en Oviedo

Os pasados 14 e 15 de novembro as Dras. Lorena Maneiro e Olalla Cutrín, do grupo de investigación UNDERISK, impartiron en Oviedo o curso de formación “Valoración del riesgo en adolescentes infractores (VRAI)”. O curso estivo dirixido aos profesionais da Asociación Grupo TRAMA da Comunidade Autónoma de Asturias que se encargan da execución das medidas de xustiza juvenil en medio aberto. Este curso centrouse na formación teórica e práctica na valoración e xestión do risco de aqueles menores que teñen cometido actos delituosos e, especificamente, ao coñecemento e manexo do protocolo VRAI.
O manual do protocolo VRAI foi publicado recentemente e pode ser adquirido na páxina web da editorial Andavira.