Novas

Curso de formación sobre autorregulación emocional en secundaria

O grupo de investigación Underisk, no marco das Actividades de Formación Docente para Profesorado Non Universitario que organiza a USC, realizará o curso “A autorregulación emocional no ámbito académico: Coñecemento e manexo dos fenómenos afectivos en educación secundaria”.

O curso ten unha duración de 20 horas, das cales 14 serán presenciais e 6 non presenciais (para a realización dunha actividade obrigatoria relacionada cos contidos expostos nas clases presenciais). A docencia presencial levarase a cabo na Facultade de Psicoloxía (Campus Vida) da Universidade de Santiago de Compostela co seguinte horario:

Xoves 21 de abril de 2022 De 17:00 a 20:30 3 horas 30 minutos

Xoves 28 de abril de 2022 De 17:00 a 20:30 3 horas 30 minutos

Xoves 05 de maio de 2022 De 17:00 a 20:30 3 horas 30 minutos

Xoves 12 de maio de 2022 De 17:00 a 20:30 3 horas 30 minutos

O curso ten como obxectivo guiar ao profesorado de Educación Secundaria no coñecemento da relevancia dos fenómenos emocionais no benestar psicolóxico e o éxito académico do alumnado adolescente, así como no seu manexo. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto de investigación ARASAC, polo que vai dirixido preferentemente aos docentes dos centros que colaboran na investigación. Ofreceranse as prazas vacantes ao profesorado doutros centros. En calquera caso, a matrícula será gratuíta.

A solicitude da inscrición está aberta dende o 23 de marzo. A inscrición realizarase por rigorosa orde de solicitude. Aquelas persoas interesadas en asistir ao curso, deberán enviar un correo electrónico a proxecto.arasac@usc.es indicando no asunto “Inscrición curso autorregulación emocional secundaria”. Nese correo, electrónico deben enviar os seguintes datos:

– Nome e apelidos:

– DNI:

– Teléfono de contacto:

– Mail de contacto:

– Enderezo postal:

– NRP:

– Lugar de traballo:

Unha vez recibida a solicitude de matrícula remitirémoslle un correo electrónico confirmando o estado da mesma (aceptado ou en lista de agarda).

O curso ten outorgado o recoñecemento provisional como actividade de formación permanente do profesorado, no marco do acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Santiago de Compostela. O recoñecemento definitivo está suxeito ao cumprimento dos requisitos establecidos na Orde do 14 de maio de 2013 (DOG 96).

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: