Novas

Recoñecida en Colombia unha adaptación do programa Construyendo Salud

Unha adaptación do programa Construyendo Salud realizada en Colombia pola profesora Zuleima Cogollo Milanés foi recoñecida co Premio Nacional 2021 a las “Buenas prácticas de prevención del consumo de sustancias psicoactivas en el marco de la nueva normalidad por COVID-19” polo Ministerio de Salud de Colombia. Este premio exalta as boas prácticas das entidades territoriais de saúde, educación, cultura, entre outras; Empresas Administradoras de Plans de Beneficios – EAPB, Institucións Prestadoras de Servizos de Saúde – IPS; Organizacións non gobernamentais, organizacións privadas, organizacións de base comunitaria e entidades educativas.

Desde Underisk queremos felicitará nosa colega e amiga e animala a seguir esforzándose na posta en marcha de iniciativas de prevención como a recoñecida con este galardón.

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: