Construíndo Saúde

Construíndo Saúde (CS) é unha intervención multicompoñente de tipo universal orientada a previr o inicio no consumo de drogas e a implicación noutro tipo de condutas problemáticas ao comezo da adolescencia. O programa vai orientado a estudantes entre o último curso de Educación Primaria e o 2º curso da Educación Secundaria (11 – 14 anos) e as súas familias.

A orixe do programa remóntase ao ano 1992 e toma como base os modelos de programas centrados no adestramento en habilidades de vida. En 1995 iniciouse a primeira avaliación do programa, sobre a que se levou a cabo un seguimento dos seus efectos durante 4 anos. No ano 1997 levouse a cabo unha segunda fase na investigación na que se pretendía comprobar a viabilidade de aplicar o programa a gran escala. Por último, desenvolveuse a avaliación dunha intervención familiar para complementar a intervención escolar. Nos seguintes enlaces pode consultarse a información correspondente ao programa e ás súas avaliacións.

O programa foi recoñecido como un programa de alta calidade no contexto europeo da prevención do consumo de drogas: http://www.emcdda.europa.eu/html.cfm/index36307EN.html

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: