Novas

Charla impartida no IES de Porto do Son dirixida á xestión de condutas problemáticas adolescentes

As Dras. Olalla Cutrín e Lorena Maneiro, integrantes do grupo Underisk, impartiron o pasado 11 de novembro a charla “Pautas básicas para xestionar o comportamento problemático n@s fill@s adolescentes”, dirixida ás nais e pais do alumnado do IES de Porto do Son. Esta sesión enmárcase dentro da Escola de Nais e Pais, organizada polo CAFI en colaboración co citado IES, e cuxos obxectivos principais centráronse na abordaxe dunha serie de habilidades parentais asociadas coa mellora das relacións filio-parentais e a redución das condutas problemáticas adolescentes, como o fortalecemento dun estilo de comunicación familiar positivo ou o establecemento de normas e límites. A sesión contou coa presenza dun número significativo de pais e nais, que participaron activamente ao longo da mesma.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesportoson/node/1019

Tags:

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: