As habilidades socio emocionais e o rexeitamento na escola

Entre o 16 e 19 de novembro o grupo UNDERISK participou no 8th International Congress of Clinical and Health Psychology in Children and Adolescents celebrado en Elche. No congreso presentamos resultados do proxecto “Estrategia para la diseminación del programa de prevención EmPeCemos: Desarrollo y evaluación de una aproximación multinivel” financiado polo Ministerio de Sanidad (Plan Nacional sobre Drogas, 2020/014).
Nun dos traballos se expuxeron datos procedentes do análise das relacións sociais do alumnado do primeiro curso de Primaria dos 17 centros escolares que colaboran no proxecto. Os resultados atopados mostran que máis dun 13% do alumnado é rexeitado polos seus compañeiros. Ao comparar as valoracións das competencias socio emocionais realizadas polo profesorado observouse que o grupo de alumnado rexeitado presentaba puntuacións medias significativamente inferiores aos seus compañeiros en variables como a empatía, a regulación emocional, o control inhibitorio dos impulsos ou as habilidades de resolución de problemas sociais.
Estes resultados apoian os supostos asumidos polo programa EmPeCemos Primaria (Universal) co que se pretende potenciar a adquisición de habilidades socio emocionais nos primeiros curso de Educación Primaria como unha forma de potenciar o desenvolvemento positivo do alumnado e de previr a aparición de problemas de conduta posteriores.