A liña de investigación “Apoio social, autorregulación e axuste académico” (proxecto ARASAC) céntrase na comprensión das interconexións entre o apoio social percibido (ASP) e aprendizaxe autorregulada (AAR), así como dos seus efectos sobre o axuste académico no contexto escolar, o cal resulta especialmente propicio para examinar ditas interconexiones. Delimitar perfiles de especial risco, para o fracaso e abandono escolar, é outra das nosas aspiracións.
Esperamos poder sentar as bases para perfilar pautas e programas de intervención dirixidos a favorecer o axuste dos/as estudantes, dotándoos de competencias para responder ás crecentes demandas formativas da denominada “sociedade do coñecemento e a aprendizaxe continua”, e contribuíndo a paliar as dificultades que puidesen entorpecer o seu desenvolvemento integral como persoas.