Novas

Aplicabilidade da Teoría da Acción Planificada para predicir o consumo de alcohol en pre-adolescentes

Membros do grupo UNDERISK, en colaboración con investigadores do Global Center for Applied Health Research (Arizona State University, Estados Unidos) e da Universidade de Sevilla, acaban de publicar un traballo titulado “Aplicabilidade da Teoría de Acción Planificada para predicir o consumo de alcohol en pre-adolescentes” no número especial Risk Behaviors and Substance Abuse among Adolescents da revista International Journal of Environmental Research and Public Health.

A teoría da acción planificada ten sido durante décadas un modelo imperante para explicar o comportamento. Segundo a teoría, a intención de realizar un comportamento específico é o resultado das actitudes, as normas persoais e o control percibido para realizar a conduta. En última instancia, a intención de facer e o control percibido de poder facelo son os principais predictores do comportamento.

Este traballo pretende avaliar en que medida esta teoría explica a frecuencia de consumo de alcohol e o seu uso abusivo en preadolescentes españois. 755 adolescentes de 1º de ESO (11 a 15 anos) participaron no estudo.A mostra foi seleccionada no marco dunha investigación mais ampla na que se aplicou e avaliou a eficacia do programa Mantente REAL en 12 centros educativos públicos de Santiago de Compostela e Sevilla.

Os resultados do traballo indican que as actitudes positivas cara o alcohol,  as normas favorables e a vulnerabilidade ante as ofertas (baico control percibido) relacionanse con maiores intencións de beber alcohol e cun menor uso de estratexias para evitar o consumo de alcohol. A súa vez, a intención de beber e o baixo uso de estratexias de resistencia predín que os pre-adolescentes beban alcohol con maior frecuencia e de forma máis excesiva.

O traballo destaca a importancia que a influencia social negativa (ofertas de alcohol e drogas por parte de familiares e amigos), a vulnerabilidade a esa oferta e as estratexias para resistir esas influencias teñen sobre o comportamento adolescente. Os achados do traballo suxirenque a validez e aplicabilidade da Teoría da Acción Planificada en preadolescentes depende da gravidade do consumo de alcohol e que o seu valor como predictor aumenta cando se toman en consideración outras variables psicosociais na explicación do inicio do consumo. Os resultados reforzan o valor que a estas idades teñen programas como Mantente REAL no que se ensinan aos preadolescentes diversas maneiras de resistir e rexeitar as ofertas de outros.

 

 

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: