Novas

Alta participación das familias galegas na enquisa CONFIA-20

A enquisa CONFIA-20 (Efectos do Confinamento na Familia e na Infancia) xa foi contestada por mais de 1000 familias en toda Galicia, cunha gran participación na provincia de A Coruña (máis de 5oo familias), Pontevedra (por riba das 200) e Lugo (cerca de 150), e unha resposta mais escasa en Ourense (en torno ás 50 familias). Fora de Galicia o impacto da enquisa é, de momento, escaso.

A enquisa vai dirixida a familias con nenos/as con idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos e pode cubrirse  a través dunha plataforma online (https://underisk.gal/t/confia20/gal) e estará accesible ata o 27 de abril.

Con esta nova queremos agradecer a todas as familias participantes pola súa colaboración e animar a aquelas que todavía non o teñan feito a que participen. Coa enquisa se pretende analizar o impacto que o confinamento ten sobre a vida emocional dos nenos e nenas e poder telo en conta para o futuro.

A enquisa se pechará o día 27 de abríl, cando os nosos nenos e neñas, heroes silenciosos do confinamento, xa poderán darse un respiro e empezar a recobrar certa normalidade nas súas vidas.

 

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: