Adquisición da Linguaxe e Trastornos de Desenvolvemento

O grupo de investigación na Adquisición da Linguaxe e os Trastornos do Desenvolvemento está especializado nas áreas do desenvolvemento da linguaxe e os trastornos asociados. A súa experiencia vese reflectida na realización de diversos proxectos de investigación sobre as citadas temáticas, así como a publicación de numerosos artigos en revistas científicas e de divulgación, capítulos de libros e libros.

Principais liñas de investigación

  • Desenvolvemento e adquisición da linguaxe
  • Dificultades no desenvolvemento da linguaxe
  • Trastornos do desenvolvemento

Entre as súas principais contribucións atópase a adaptación ao galego do Communicative Development Inventory Mac-Arthur-Bates (CDI), baixo a denominación “Inventario do desenvolvemento de habilidades comunicativas”. Este instrumento (inventario paterno) permite obter unha estimación do nivel de desenvolvemento comunicativo e lingüístico de nenos e nenas entre 8 e 30 meses de idade. Actualmente está dispoñible a versión completa e a versión reducida para nenos/as entre 8 e 15 meses e para nenos/as entre 16 e 30 meses. Esta proba conta con baremos adaptados á poboación galega, obtidos a partir dunha mostra de 1.500 nenos e nenas das catro provincias galegas.

Liñas actuais de investigación

Entre as liñas de investigación actuais do grupo atópase o “Proxecto Prematuros”, o cal ten como propósito avaliar lonxitudinalmente a evolución dunha mostra de nenos/as nados con menos de 37 semanas de xestación, dende o seu nacemento ata os 9 anos de idade. O obxectivo principal desta investigación é avaliar o desenvolvemento da linguaxe oral e, a partir dos 8 anos, tamén a linguaxe escrita. Ademais, o proxecto pretende avaliar diferentes factores ou variables que poidan afectar á súa evolución, a nivel cognitivo, de función executivas, factores biomédicos e ambientais ou factores temperamentais.

O grupo de investigación na Adquisición da Linguaxe e os Trastornos do Desenvolvemento ten colaborado coas unidades de neonatoloxía dos Complexos Hospitalarios Universitarios de A Coruña e Vigo, o Complexo Hospitalario de Ourense, e o Hospital Modelo de Coruña (Belén).

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: