Novas

A Xornada sobre Prematuridade dirixida a familias e profesionais afondará no coñecemento e avaliación do desenvolvemento psicolingüístico

O vindeiro 9 de novembro terá lugar en Santiago de Compostela a XORNADA SOBRE PREMATURIDADE: Actualización de coñecementos e aprendizaxe de instrumentos de diagnóstico do desenvolvemento, organizada polo grupo UNDERISK en colaboración coa Asociación galega de familias de nenos prematuros (AGAPREM) e a Xerencia de Xestión Integrada do SERGAS. A xornada está dirixida a todos/as aqueles/as profesionais do ámbito sanitario pertencentes ás unidades de Neonatoloxía e os Servizos de Pediatría do SERGAS, así como ás familias de nenos e nenas nados/as con prematuridade. O obxectivo principal é afondar no coñecemento do desenvolvemento psicolingüístico destes/as nenos/as e presentar algunha das ferramentas dispoñibles para a súa avaliación. A xornada é gratuita e celebrarase no Salón de actos 1 do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). Para poder asistir é preciso formalizar a inscrición antes do día 2 de novembro (inclusive) a través da dirección de correo electrónico congresos@santyago.es. Toda a información relativa á xornada pode consultarse no díptico adxunto.

Díptico xornada prematuros

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: