Novas

A participación na VIII xornada da AIIDI finaliza coa obtención do premio ao mellor póster

Os días 19 e 20 de setembro celebráronse en Lleida as VIII Xornadas da Asociación Iberoamericana para a Investigación das Diferenzas Individuais (AIIDI). Esta asociación pretende impulsar e promocionar iniciativas encamiñadas á mellora dos valores científicos e profesionais en canto ao estudo da personalidade e a intelixencia.

Integrantes do grupo UNDERISK asistiron ao encontro para presentar algúns dos traballos realizados actualmente, nunhas xornadas que estiveron caracterizadas pola participación de varios grupos de referencia nacional e internacional. En formato de comunicación oral, a Dra. Laura López Romero presentou un traballo de corte lonxitudinal, no que se presentaron achados recentes sobre o papel mediador das prácticas parentais entre os rasgos psicopáticos e os problemas de conduta na infancia temperá.

As xornadas contaron ademais coa participación dos membros do grupo de investigación a través da presentación de diversos traballos en formato de comunicación escrita. Estes traballos destacaron o papel de certas diferenzas individuais para a prevención do consumo de drogas en adolescentes e a conduta problemática na infancia temperá.  Así mesmo, cabe destacar o traballo titulado “identidade moral, desconexión moral e triada escura da personalidade en agresores sexuais e maltratadores de xénero”, presentado pola compañeira Patricia Navas, o cal obtivo o premio ao mellor póster das VIII Xornadas AIIDI.

Subscríbete ao Blog de Elisa

Se quere contactar con nos preme na seguinte ligazón: